- SINALAMOS COUSAS DE COR AMARELA, VERMELLA,...
- CONTAMOS XOANIÑAS.
- CONTAMOS BOLBORETAS.
- CONTAMOS FLORES MORADAS.
- DESCUBRIMOS GALIÑAS.
- ATOPAMOS A GATIÑA, XISPA.
POR QUE ESTÁN AS GALIÑAS NAS NUBES?
« PORQUE VOARON MOI ALTO.
« NON, AS GALIÑAS NON VOAN.
« PORQUE TIÑAN SEDE E BEBEN AUGA DA CHOIVA.
« PORQUE TI AS DEBUXACHES.
QUE TEN O CISNE NA CABEZA?
« UNHA COROA.
POR QUE?
« PORQUE ESTÁ DE ANIVERSARIO.
« ESTÁ DISFRAZADO.
« PORQUE É PASCUA, A COROA VEN NA ROSCA DA PASCUA.
« PORQUE É UN PRINCIPE ENCANTADO.
« NON, É UN REI.
« NOOON É UNHA RAÍÑA.
POR QUE É UNHA RAÍÑA E NON UN REI?
« PORQUE TEN NOME DE NENA.
E COMO SE CHAMA?
« GAVIOTA.