§ POR QUE CREDES QUE PERICO QUERÍA IR Á ESCOLA? QUERÍA SER SABIO.
§ QUE É SER SABIO? QUERÍA SER MOI LISTO.
§ POR QUE LEVABA UN CHAPEU? PORQUE ESTABA NO OUTONO. ESTABA CHOVENDO. NON, ESTABA NO VERÁN. OS AVÓS NO VERÁN POÑEN GORROS, CANDO VAI CALOR. PARA NON NOS POÑER ROXA A CARA.
§ POR QUE NON LEVABA BUFANDA? PORQUE FACÍA CALOR.
§ POR QUE POÑÍA SEMPRE AS LENTES? PORQUE NON VÍA. ERA CEGO. PARA LER.
§ QUE POÑÍA NOS PÉS? ZAPATOS.
§ POR QUE NON POÑÍA SANDALIAS? PORQUE ROMPE AS PATAS. É UN CEMPÉS. PORQUE TEN OS PÉS PEQUENOS.
§ NON LEVABA PARAUGAS PORQUE NON CHOVÍA.
§ POR QUE SE PUXO DE PRIMEIRO NA FILA? PORQUE CHEGOU DE PRIMEIRO. PARA ESCOITAR MELLOR E VER.
§ VÓS CREDES QUE A FORMIGA ERA SABIA? SI, PORQUE LLE DIXO QUE DEBÍA ORGANIZAR OS ZAPATOS EN FILA.
§ QUEN ESPERTABA A PERICO? UN RELOXO. A GALIÑA, EU ESPERTO COA GALIÑA. CANDO MAMI SE LEVANTA COLLE O ESPERTADOR E SOA. EU LEVÁNTOME PORQUE TEÑO UN ESPERTADOR. EU ESPERTO CO SOL.
§ PERICO CHEGABA PUNTUAL Á ESCOLA. NÓS COMO DEBEMOS CHEGAR Á ESCOLA? CHEGAR PUNTUAIS. PARA APRENDER E NON INTERRUMPIR.
§ QUEN LLE RECOMENDOU NON DURMIR? A GATA MARAGATA.
§ QUE É MELLOR? MELLOR DURMIR, SENÓN Á MAÑÁ CHEGAS TARDE Á ESCOLA E ESTAMOS CANSADOS.
§ ALMORZA PERICO? NON.
§ DEBERÍA ALMORZAR PERICO? SI. POLO MENOS QUE TOME O BIBERÓN.
§ COMO DORME PERICO? VAI SEN VESTIR Á ESCOLA.
§ POR QUE CREDES QUE ERA UNHA GATA? PORQUE SE CHAMABA MARAGATA. E A FORMIGA E A ARAÑA.
§ E PERICO? UN CHICO.
§ SE CHOVE E PERICO QUERE IR Á ESCOLA, QUE FARÍA? COLLER UN PARAUGAS, UN CHUVASQUEIRO E BOTAS.
§ CHEGARÍA A TEMPO? SI, PORQUE VAI CORRENDO.
§ VIVÍA SÓ? TIÑA FAMILIA? SI. ERA O PAPÁ E VIVÍA SÓ. ANDABA BUSCANDO UNHA ESPOSA. CASOUSE CON OUTRA PERICA. MENTRAS EL IA Á ESCOLA A SÚA MULLER FACÍA A COMIDA E CANDO CHEGABA AXUDÁBALLE A FACER AS COUSAS DA CASA, ELA TAMÉN LIMPA.
§ POR QUE TODOS OS CEMPÉS LLE PREGUNTABAN A PERICO? A PROFE DE PERICO DÍXOLLES A UNS HOMES QUE FIXERAN UNHA ESCOLA PARA APRENDER COUSAS. GUSTÁBALLE MOITO IR Á ESCOLA E ÍASE CONVERTER NUN GRAN PROFE.