O MELLOR DE TODO... UNHA CONVIVENCIA INOLVIDABLE DE NEN@S, FAMILIAS E MESTRAS.
PARA QUEN QUEIRA REPETILAS NA CASA:
INGREDIENTES:
- 4 CUNCAS DE FARIÑA.
- 1 CULLERADA DE LÉVEDO EN PÓ.
- 2 CULLERIÑAS DE XENXIBRE MOÍDO.
- 2 CULLERIÑAS DE CANELA MOÍDA.
- 1 CUNCA DE MANTEIGA A TEMPERATURA AMBIENTE.
- 1 CUNCA DE AZUCRE MORENO.
- 1 OVO GRANDE.
- 1/2 CUNCA DE MEL.
ELABORACIÓN:
MESTURAMOS BEN OS INGREDIENTES SECOS, É DICIR, A FARIÑA, O XENXIBRE, O LÉVEDO E A CANELA.
BATEMOS A MANTEIGA, QUE ESTARÁ A TEMPERATURA AMBIENTE, CO AZUCRE ATA QUE ÉSTE SE DISOLVA COMPLETAMENTE.
INCORPORAMOS O MEL E O OVO, E POR ÚLTIMO A MESTURA DA FARIÑA COAS ESPECIAS. HAI QUE CONSEGUIR UNHA MASA O MÁIS HOMOXÉNEA POSIBLE.
NO CASO DE SE QUEDAR DEMASIADO PEGAÑENTA, PODEMOS ENGADIR UN POUCO MÁIS DE FARIÑA ATA QUE QUEDE MÁIS FIRME E MANEXABLE (PERO NON PÓR DEMASIADA FARIÑA XA QUE, É POSIBLE QUE AS GALLETAS QUEDEN DEMASIADO DURAS).
RECOMÉNDASE METER A MASA NUN RECIPIENTE DE PLÁSTICO HERMÉTICO E RESERVAR NUN LUGAR FRESCO, PERO NON NA NEVEIRA, DURANTE UNHAS DÚAS HORAS (NO OBRADOIRO NON O FIXEMOS E ESTABAN BOÍSIMAS).
ESTIRAR A MASA SOBRE PAPEL DE FORNO, É PEGAÑENTA POLO QUE SE PODE EXTENDER CO ROLO, ENTRE DÚAS FOLLAS DE PAPEL DE FORNO OU CUN ROLO DE SILICONA. AGORA DARÉMOSLLE A FORMA DESEXADA; HOMIÑO DE XENXIBRE, ESTRELA, ÁRBORE DE NADAL,...
CO FORNO PREQUENTADO, FORNEAMOS A 180º DE 11 A 15 MIN. PARA PEZAS GRANDES E DE 6 A 8 MIN. PARA PEZAS PEQUENAS. OU ATA QUE OS BORDES COMECEN A SE PÓR MARRÓNS. VIXIAR BEN AS PRIMEIRAS PARA TANTEAR O TEMPO, QUE DEPENDERÁ DO GROSOR E DO TIPO DE FORNO.
AGORA A COOOCIÑAR!!!!!!!!!!!!!
VEREDES QUE RICAS ESTÁN!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario