TODOS OS MATERIAIS EXPOSTOS TEÑEN PROPÓSITO EDUCATIVO E ESTÁN ELABORADOS SEN ÁNIMO DE LUCRO..
SE ALGÚN DOS PROPIETARIOS/AS DESTES RECURSOS SE SENTIRA PERXUDICADO/A, NON DUBIDE EN COMUNICALO.

mércores, 31 de outubro de 2012

SAMAÍN EN SAN TOMÉ

EN SAN TOMÉ CELEBRAMOS A CHEGADA DO SAMAÍN.

domingo, 28 de outubro de 2012

"SAMAÍN"

NA ESCOLA DE SAN TOMÉ ESTAMOS A PREPARAR O SAMAÍN. AQUI VOS DEIXAMOS UN PEQUENO APERITIVO DO CONTO QUE ESTAMOS A TRABALLAR, PARA QUE O MEDO SEXA MÁIS PEQUENO.

PARA LER  SEN MEDO
- A FIGUEIRA DE PELOS TORTOS.

   MÁIS CONTOS
- A BRUXA REGAÑADENTES.            - CORRE,CORRE,CABACIÑA.
- A MIN NON ME COMAS.              - A VISITA DOS DOMINGOS.
- A CASA DA MIÑA AVOA.             - O PAPÓN.
- NOITE DE MUDANZAS.               - TIO LOBO.
- VERLIOKA.                        - CHIVOS, CHIVÓNS.
- FIZ, O COLECIONISTA DE MEDOS. 

PARA CANTAR E BAILAR
CANTAMOS CON PELOSTORTOS ( FEITO POLO ALUMNADO DE DENA)

AGORA CON MAMÁ CABRA
PREME   O SAMAÍN
PREME  MÁIS SAMAÍN

"CONCURSO CABAZAS"

DENDE A ESCOLA DE SAN TOMÉ, ANIMAMOS ÁS FAMILIAS,  A VOTAR POLA CABAZA QUE MÁIS LLES GUSTE. ÁNIMO!!!!
BASES:
TÓDALAS CABAZAS ESTÁN NUMERADAS, ESCRIBIRASE O NÚMERO DAS ELEXIDAS NA COR CORRESPONDENTE: 
- TERRORÍFICA PAPELIÑO AZUL.
- TRABALLADA PAPELIÑO ROSA.
- ORIXINAL PAPELIÑO VERDE.



venres, 26 de outubro de 2012

" VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL"

CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 
( 24 DE OUTUBRO ), ACHEGÁMONOS UN ANO MÁIS ATA A BIBLIOTECA MUNICIPAL, PARA EMPAPARNOS COA MAXIA DOS CONTOS.


TERESA, A BIBLIOTECARIA,  EXPLICOUNOS O SEU FUNCIONAMENTO, INDICOUNOS A UBICACIÓN DOS LIBROS MÁIS AXEITADOS PARA NÓS, AGASALLOUNOS CON CONTOS, DE PARTE DO CONCELLO DE MEIS,  PARA TODOS/AS...E CONVIDOUNOS A VISITALA.
          MOITAS GRAZAS
 


A PROFE ANA CONTOUNOS O CONTO: "O SEÑOR RAMÓN E A SEÑORA RAMONA"




PRESENTACIÓN DO CONTO "O CHAPEU"  (EDITADO NA ESCOLA DE SAN TOMÉ)

 

 A PROFE MÓNICA E O MEDO "A MIN NON ME COMAS"

mércores, 24 de outubro de 2012

" O CHAPEU"

"VERSIONANDO UN CONTO"


FROITOS DE OUTONO - O GUSTO


-   ENSINAMOS A LICUADORA.
-   NINGUÉN COÑECE ESTE APARELLO.
  ALGUÉN DI QUE É UN ESPREMEDOR.
-   EXPLICAMOS PARA QUE SERVE
  E EN QUE SE DIFERENZA DO ESPREMEDOR.
-   DIFERENCIAMOS ENTRE FROITOS SECOS
  E FROITOS CARNOSOS.
EXPERIENCIA: IMOS ENSINANDO DUN EN UN. FACEMOS ZUME 
                              DOS CARNOSOS E PROBAMOS.

APRENDEMOS:
-       DALGÚNS FROITOS  FACEMOS ZUME.
-       O SENTIDO DO GUSTO ESTÁ NA LINGUA.
-       QUE A MAIOR PARTE DAS FROITAS SON DOCES.
-       QUE O LIMÓN É ÁCIDO.
-       QUE ALGÚNS ZUMES SON MÁIS ESPESOS QUE OUTROS. 

               REMATAMOS XOGANDO AS ADIVIÑAS

FROITOS DE OUTONO - O TACTO

                        -  NOMES DAS FROITAS.
                        - CANTIDADE : MOITO/ POUCO.
                     -  COMPARAMOS:  MÁIS QUE,  MENOS QUE…IGUAL QUE…
                 -  FORMA DAS FROITAS (CÍRCULO, OVALO…..)
                 -  FORMA DA CESTA /O (CÍRCULO, CADRADO, RECTÁNGULO..).
                 -  CORES (VERDE, AMARELO, MARRÓN…) .
                 -  NÚMEROS (CONTAMOS AS FROITAS DAS CESTAS).
                 -  TAMAÑO DA CESTA/O E FROITAS ( GRANDE/ PEQUENA).
                 -  O TACTO (SUAVE, RUGOSA, ÁSPERA, DURO… ). 
                 -  O GUSTO ( DOCE, AMARGA, ÁCIDA…).
                 -  DIFERENZA ENTRE SECOS E CARNOSOS.
                 -  CONCEPTOS ESPACIAIS ( DENTRO/ FÓRA…).
                 - DIFERENTES MATERIAIS ( CORDA, MADEIRA,…)
    EXPERIENCIA: MANIPULAMOS ALGÚNS FROITOS DA CESTA, 
                                     COS OLLOS TAPADOS.
  

APRENDEMOS:
-         O SENTIDO DO TACTO ESTÁ NA PEL ( NON SOAMENTE NAS MANS)
-         TOCANDO PODEMOS COÑECER DIFERENTES TEXTURAS.
-         QUE A SENSACIÓN TÉRMICA É DISTINTA DUNHAS A OUTRAS.
-         QUE SON DE DIFERENTES FORMAS.
-         QUE SON DE DIFERENTES TAMAÑOS. 
-         QUE ALGUNHAS TEÑEN ZUME E OUTRAS NON.

luns, 15 de outubro de 2012

 - SINALAMOS COUSAS DE COR AMARELA, VERMELLA,...
  - CONTAMOS XOANIÑAS.
  CONTAMOS BOLBORETAS.
  CONTAMOS FLORES MORADAS.
DESCUBRIMOS GALIÑAS.
  - ATOPAMOS A GATIÑA, XISPA.
  - TRABALLAMOS CONCEPTOS ESPACIAIS, DIANTE/DETRÁS
    COA AXUDA DOS DEBUXOS ( BOLBORETA,XISPA…).


                          POR QUE ESTÁN AS GALIÑAS NAS NUBES?
«   PORQUE VOARON MOI ALTO.
«   NON, AS GALIÑAS NON VOAN.
«   PORQUE TIÑAN SEDE E BEBEN AUGA DA CHOIVA. 
«   PORQUE TI AS DEBUXACHES. 
 QUE TEN O CISNE NA CABEZA? 
    «   UNHA COROA.             
         POR QUE?
«   PORQUE ESTÁ DE ANIVERSARIO.
«   ESTÁ DISFRAZADO.
«   PORQUE É PASCUA, A COROA VEN NA ROSCA DA PASCUA.
«   PORQUE É UN PRINCIPE ENCANTADO.
«   NON, É UN REI.
«   NOOON É UNHA RAÍÑA.
         POR QUE É UNHA RAÍÑA E NON UN REI?
«    PORQUE TEN NOME DE NENA.
                        E COMO SE CHAMA?
«    GAVIOTA.

sábado, 13 de outubro de 2012

CANTAMOS CON PERICO

DE MOMENTO DEIXÄMOSVOS ESTE VÍDEO PARA QUE APRENDADES A CANCIÓN.

PERO DE AQUÍ A POUCO XA VOS AMOSAREMOS O BEN QUE O FACEMOS......
A ENSAIAR.....
video

venres, 12 de outubro de 2012

"CAROLINA E OS CARACOIS"

 





CON PLASTILINA E IMAXINACIÓN AS CRIANZAS FIXERON A SÚA PROPIA INTERPRETACIÓN.


xoves, 11 de outubro de 2012

"OS MELHORES BEIJINHOS"

CONTAMOS UN CONTO MOI DOCE, CHEO DE BICOS!!! 

BEIJINHOS NO NARIZ,  BEIJINHOS AO AR,  BEIJINHOS COM MEL, BEIJINHOS ANTES DE DORMIR, BEIJINHOS QUE FAZEM RIR,BEIJINHOS DE PEIXINHOS....



                                  
MAS OS MELHORES DO MUNDO...!!!!!!!!!!!!!!!!!
 

mércores, 10 de outubro de 2012

"MARAGATA, MARAÑA E RODRIGA"

 AQUÍ TEDES AS PERSONAXES DO CONTO QUE ACONSELLABAN A PERICO PARA QUE CHEGASE CEDO Á ESCOLA

 








MARAGATA: NON PODES DURMIR EN TODA A NOITE
   


MARAÑA: TES QUE IR DESCALZO
 

 
RODRIGA, MOI SABIA ELA: DEBES COLOCAR OS ZAPATOS EN DÚAS FILEIRAS AO LADO DA CAMA

luns, 8 de outubro de 2012

TRABALLANDO CON PERICO

TRAS FALAR DE PERICO, DEIXÁMOSVOS UNHA PEQUENA MOSTRA DO QUE ESTAMOS APRENDENDO CON EL!!!!!!!!!

venres, 5 de outubro de 2012

FALANDO DE PERICO


              §               QUE ERA PERICO? UN CEMPÉS.
§               POR QUE CREDES QUE PERICO QUERÍA IR Á ESCOLA? QUERÍA SER SABIO.
§               QUE É SER SABIO? QUERÍA SER MOI LISTO.
§               POR QUE LEVABA UN CHAPEU? PORQUE  ESTABA NO OUTONO. ESTABA CHOVENDO. NON, ESTABA NO VERÁN. OS AVÓS NO VERÁN POÑEN GORROS, CANDO VAI CALOR. PARA NON NOS POÑER ROXA A CARA.
§               POR QUE NON LEVABA BUFANDA? PORQUE FACÍA CALOR.
§               POR QUE  POÑÍA SEMPRE AS LENTES? PORQUE NON VÍA. ERA CEGO. PARA LER.
§               QUE POÑÍA NOS PÉS? ZAPATOS.
§               POR QUE NON POÑÍA SANDALIAS? PORQUE ROMPE AS PATAS. É UN CEMPÉS. PORQUE TEN OS PÉS PEQUENOS.
§               NON LEVABA PARAUGAS PORQUE NON CHOVÍA.
§               POR QUE SE PUXO DE PRIMEIRO NA FILA?  PORQUE CHEGOU DE PRIMEIRO. PARA ESCOITAR MELLOR E VER.
§               VÓS CREDES QUE  A FORMIGA ERA SABIA? SI, PORQUE LLE DIXO QUE DEBÍA ORGANIZAR OS ZAPATOS EN FILA.
§               QUEN ESPERTABA A PERICO? UN RELOXO. A GALIÑA, EU ESPERTO COA GALIÑA. CANDO MAMI SE LEVANTA COLLE O ESPERTADOR E SOA. EU LEVÁNTOME PORQUE TEÑO UN ESPERTADOR. EU ESPERTO CO SOL.
§               PERICO CHEGABA PUNTUAL Á ESCOLA. NÓS COMO DEBEMOS CHEGAR Á ESCOLA? CHEGAR PUNTUAIS. PARA APRENDER E NON INTERRUMPIR.
§               QUEN LLE RECOMENDOU NON DURMIR? A GATA MARAGATA.
§               QUE É MELLOR? MELLOR DURMIR,  SENÓN Á MAÑÁ CHEGAS TARDE Á ESCOLA  E ESTAMOS CANSADOS.
§               ALMORZA PERICO? NON.
§               DEBERÍA ALMORZAR PERICO?  SI. POLO MENOS QUE TOME O BIBERÓN.
§               COMO DORME PERICO?  VAI SEN VESTIR Á ESCOLA.
§               POR QUE CREDES QUE ERA UNHA GATA? PORQUE SE CHAMABA MARAGATA. E A FORMIGA E A ARAÑA.
§               E PERICO?  UN CHICO.
§               SE CHOVE E PERICO QUERE IR Á ESCOLA, QUE FARÍA? COLLER UN PARAUGAS, UN CHUVASQUEIRO E BOTAS.
§               CHEGARÍA A TEMPO? SI, PORQUE VAI CORRENDO.
§               VIVÍA SÓ? TIÑA FAMILIA? SI. ERA O PAPÁ E VIVÍA SÓ. ANDABA BUSCANDO UNHA ESPOSA. CASOUSE CON OUTRA PERICA. MENTRAS EL IA Á ESCOLA A SÚA MULLER FACÍA A COMIDA E CANDO CHEGABA AXUDÁBALLE A FACER AS COUSAS DA CASA, ELA TAMÉN LIMPA.
§               POR QUE TODOS OS CEMPÉS LLE PREGUNTABAN A PERICO? A PROFE DE PERICO DÍXOLLES A UNS HOMES QUE FIXERAN UNHA ESCOLA PARA APRENDER COUSAS. GUSTÁBALLE MOITO IR Á ESCOLA E ÍASE CONVERTER NUN GRAN PROFE.

xoves, 4 de outubro de 2012


  COMEZAMOS UN NOVO CURSO E ANIMAMOS ÁS CRIANZAS A VER A ESCOLA COMO UN LUGAR ESTIMULANTE E DIVERTIDO.


TRABALLAMOS NA ESCOLA,  NA CASA.... COMO NOS GUSTA APRENDER CON PERICO!!!